Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

¡Envíanos as túas fotos para celebrar o 12º aniversario da edición de A Chaira e participa nun sorteo!

Portada de la edición de A Chaira
Portada de la edición de A Chaira

Este ano adicamos a efeméride ao patrimonio inmaterial da zona ► Podes enviar as túas instantáneas ata o 25 de maio

A edición de A Chaira de El Progreso celebra este mes o seu duodécimo aniversario, que vai estar dedicado ao patrimonio inmaterial da zona. Como en anos anteriores, queremos pedir a colaboración dos veciños/lectores para que nos remitan as súas fotos, que se publicarían no especial do vindeiro 29 de maio, centradas nesta temática (cultura popular, narración oral, festas... todo o que teña cabida no patrimonio inmaterial galego) e que se correspondan con algún dos concellos da Chaira (os nove da Terra Chá, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e As Pontes).

O enderezo electrónico para enviar as fotos é [email protected] e o prazo está aberto ata o 25 de maio e entre todos os participantes sortearase:

  • Un lote de produtos autóctonos de Prestes
  • Una estancia dunha noite, con dereito a almorzo, no Parador de Vilalba (para calquera momento do 2018, agás xullo e agosto)
  • Unha comida ou cea para dúas persoas no Lar Os Píos de Vilalba

¡Envíanos as túas fotos para celebrar o 12º aniversario da edición...
Comentarios