A empanada de mazá máis grande de Galicia, en Vilalba

Mide dous por dous metros. É a empanaza de mazá máis grande de Galicia. Veu en tractor desde a panadería Martiñán para facer as delicias dos participantes nas Festas de Corvelle que organiza a asociación de veciños desta localidade vilalbesa. Ademáis e por se a empanada era pouca cousa, tamén elaboraron dous bolos preñados de dous metros cada un. Pili Pampín, os grupos Fusión e Eureka puxeron a banda sonora á degustación deste venres. 

Este sábado a festa proseguerá e o prato forte da xornada será o concerto de King Africa. 

A empanada e os bolos preñados CP

Comentarios