Miércoles. 19.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 19.06.2019
El tiempo

Dúas décadas de Festa da Troita nas Pontes

Preparación do menú da Festa da Troita. C.ARIAS
Preparación do menú da Festa da Troita. C.ARIAS

A sociedade A Venatoria celebra 20 anos dunha cita que congregou a 250 persoas

"Quedou xenial o sitio, moi ben, mellor imposible. O único problema é que o espazo é o que é e como moito  hai para 300 pero para nós está perfecto", din desde o colectivo pontés, que na vixésima edición da Festa da  Troita estreou nova localización na renovada caseta do polbo. 

Fóra, os voluntarios preparaban o menú baixo unha carpa instalada para a ocasión: 140 quilos de troitas,  acompañadas por liscos, como marca a tradición, e 160 quilos de carne de caza, entre xabarín e cervo.
E cando todo estivo listo empezaron a servir dentro, aos comensais que esperaban para degustar un menú de caza e pesca preparado para a celebración e que se completou con café e licores e unha longa sobremesa.

CON CURSO . Este ano a Festa da Troita da Sociedade A Venatoria recuperou a celebración do concurso de pesca o mesmo día, unha convocatoria social na que participaron os membros do colectivo pontés. Participaron seis e despois do ágape fíxose a entrega de trofeos. 

Manúel Gómez, con seis pezas, quedou primeiro, e Manuel Rivas e Rodrigo Gómez completaron o podio cunha peza cada un. Pero foi Manuel Rivas, o segundo, o que conseguiu o galardón á peza máis grande, por unha troita que mediu 39 centímetros. 

Dúas décadas de Festa da Troita nas Pontes
Comentarios