jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Dúas empresas chairegas, nas 500 pemes españolas con máis crecemento

Trabajadores de Megaro Foods en la sala de despiece, con halal. C. PÉREZ
Trabajadores de Megaro Foods en la sala de despiece, con halal. C. PÉREZ
Cepyme recoñece a progresión de Suministros Megaro Foods, de Castro, e de Transportes Vázquez Portela, de Abadín

A Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (Cepyme) vén de dar conta das 500 firmas que lideraron o crecemento empresarial en España no último exercicio, entre as que figuran dúas pemes chairegas: Sumininstros Megaro Foods SL, con sede no polígono de Castro, e Transportes Vázquez Portela, na parroquia abadinesa de Moncelos.

As empresas Cepyme500, entre as que se atopan 42 galegas de diversos sectores, forman parte dun anuario impreso e dunha guía de referencia e de consulta que se presentará o día 15 na Bolsa de Madrid. Tamén están nunha web que recoñece o seu valor e lles dá visiblidade.

Neste dase conta de que a taxa anual de crecemento de vendas de Megaro Foods, que forma parte do consello asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), é dun 60,55% e que a súa rendibilidade económica (ROA) se sitúa nun 14,41%, cunhas vendas que superaron os 17 millóns de euros.

Detállase tamén que ten unha trintena de empregados e que é froito do "espírito emprendedor" de Carlos Cebrián, procedente dunha longa tradición familiar no sector cárnico, e que compaxina "unha selección exhaustiva de materias primas con longa experiencia no despezamento e cuns procesos produtivos optimizados, ofrece produtos a sectores como retail, food service, Horeca e industria alimentaria".

No tocante a Vázquez Portela, Cepyme salienta os seus máis de 20 anos de experiencia no sector do transporte en cisternas alimentarias e técnicas a calquera punto de España e de Europa, "garantizando a trazabilidade e a calidade ata o destino final". "A súa flota incorpora un avanzado sistema de localización vía GPS, con control de tacógrafos e conexión CANBus, o que permite transmitir información precisa aos seus clientes, en tempo real, de cada un dos servizos prestados". Recolle tamén que a compañía, que segue a incrementar persoal, flota e facturación, contaba con máis de 80 traballadores e que a súa taxa anual de crecemento é do 15,14%, cunha rendabilidade do 18,98% e unhas vendas de máis de dez millóns de euros.

ENERXÍA GALEGA. A representación luguesa complétase cunha terceira firma, Enerxía Galega Máis, comercializadora de luz e de gas con sede en Lugo e coas oficinas centrais en Vigo.

"É unha das 50 compañías máis relevantes do sector da comercialización no noso país", destacan desde Cepyme dunha firma amparada polo Grupo Eixo Atlántico, que opera en toda Galicia e que experimentaba un crememento anual en vendas dun 77,38%, unha rendabilidade do 14,41% e rexistraba vendas por 13 millóns de euros.

Dúas empresas chairegas, nas 500 pemes españolas con máis crecemento
Comentarios