Dez anos de ensinanza para maiores no rural, décadas entre leccións de vida

A Uned Sénior Terra Chá-Eume afronta un novo curso dende a experiencia dunhas aulas xa consolidadas pero coa mesma ilusión 

Alumnos da Uned Sénior de Momán. C.ARIAS
photo_camera Alumnos da Uned Sénior de Momán. C.ARIAS

Empezou a andar no ano 2008 e agora, dez anos despois, a Uned Sénior Terra Chá-Eume afronta un novo curso dende a experiencia dunhas aulas xa consolidadas pero coa mesma ilusión por parte duns alumnos implicados que descubriron que non hai idade para estrearse no mundo universitario. Cunha media de 70 anos —dende os 50 dos estudantes máis novos aos 98 do máis maior—, a primeira universidade de adultos no rural adscrita á Uned da Coruña é xa un referente no mundo académico e un exemplo de que non hai imposibles. 

Clases de medicina da Uned Sénior en Momán. C.ARIAS"Aprender", "xuntarse todos", "coñecer sitios novos", de toda Galicia e media España, "a compañía", "a convivencia", "as excursións e as comidas" —din que hai quen non perde unha— ou o reto de non perderse entre as novas tecnoloxías son algunhas das respostas espontáneas dos maiores cando falan dos beneficios desta universidade que "engancha". Unha vez que cruzan a porta da Uned Sénior, son poucos os que a volven deixar atrás. 

E este curso, á espera de que se peche nestes días a matrícula, acaba de arrancar con preto de 300 alumnos —hai en total 350 matriculacións nas diferentes asignaturas—, unha cifra que demostra que aos maiores lles gusta ser universitarios e que a engranaxe da Uned Sénior Terra Chá-Eume, que nestes dez anos non deixou de ampliar aulas, segue a funcionar.  

"De estos años me quedo con el entusiasmo con el que la cogen todos y con que fuimos capaces de luchar por el envejecimiento activo, al tiempo que ayudamos a romper el tópico de que en el rural los mayores no quieren hacer nada ni apuntarse a nada", di Luis Ángel Rodríguez Patiño, un párroco e un dinamizador cultural que se converteu no coordinador da Uned Sénior, un proxecto para o que ve un longo futuro. 

"Es una manera de dinamizar el rural y de que en estas sociedades envejecidas los mayores, que ya se ven como universitarios, tengan su lugar y sean conscientes de que valen y de que tienen algo que decir, de que se sientan activos y convencidos de que ellos también son importantes, todos lo somos", comenta Rodríguez Patiño, que anima a todos a participar nesta experiencia educativa e social baixo a defensa de que non hai requisitos establecidos, nin nada que saber, para poder entrar, só ter ganas.

VISTA ATRÁS. A Uned Sénior Terra Chá-Eume foi a primeira en crearse en España no rural e durante algúns anos ostentou o primeiro posto no ránking de alumnos a nivel nacional. Ademais, tamén tivo recoñecementos, algún incluso do propio Ministerio de Sanidade, que a destacou no ano 2010 dentro do seu catálogo de "buenas prácticas".  

As clases arrancaron no curso 2008-2009 cun proxecto que naceu en Xestoso (Monfero) e dende alí propagouse a outros concellos como Aranga, Irixoa e Paderne, ata saltar fronteiras a Lugo, concretamente á Terra Chá: a Labrada, en Guitiriz, e a Momán, en Xermade. Uníronse despois Lousame, Porto do Son, Rianxo e Boiro, enchendo o mapa galego de novos universitarios sen medo ás canas nin ás engurras, que queren aprender pero teñen décadas de leccións de vida que dar. 

"No costó ponerla eClases de informática da Uned Sénior en Momán. C.ARIASn marcha", di Rodríguez Patiño botando a vista atrás. "Desde el año 1993 llevaba celebrando jornadas sobre cómo saber envejecer y concienciando a la gente mayor, los bombardeadaba siempre que podía, les decía que eran importantes y que había que contar con ellos. Llevábamos mucho tiempo haciendo cursos, encuentros, creamos el primer consejo de ancianos y la gente lo asumió sin problemas porque ya estaban metidos en esta dinámica", indica o coordinador da Uned Sénior, que recorda de ‘carrerilla’ as cinco fortalezas dos seus alumnos: a experiencia, o tempo libre, a memoria histórica, a gratuidade e a interdependencia. 

AS VOCES DOS MESTRES
Felipe Senén-López: "Convertemos o autocar nunha aula ambulante e facemos clases itinerantes por Galicia" 
Felipe Senén López (Foto: AEP)"Son clases itinerantes, a pé de obra, sobre os propios monumentos, nas que o autocar se converte nunha aula ambulante", explica o mestre, que asegura que o seu obxectivo é "darlle aos alumnos unha visión moi práctica das cousas". "A cultura é o que o ser humano cultiva para resolver os problemas e non buscamos un saber memorístico de acumulación de datos, senón poder sacar conclusións", di. 
Despois de dez anos e incontables quilómetros, Felipe-Senén destaca "o aspecto de convivencia" da Uned Sénior, con "xente moi diversa". "Os que quedaron aquí, os que emigraron e volveron, de diferentes parroquias, de distintos ambientes e economías", explica. Pero con algo en común, subliña: "Cargados de experiencia e persoas que teñen moito que aportar". 
"O ambiente bo crea un ambiente mellor e iso nótase aquí", expresa o historiador, que fala de aulas cheas de "positividade e tolerancia", "clases moi consolidadas" e "dunha boa xestión" na que "a propia actividade xera os seu propios recursos". 
"A Uned Sénior é unha universidade á que non lle damos a importancia que está tendo, incluso a nivel europeo, un ensino que está sendo imitado e que vai a contrapelo dun ensino caduco, atufado en aulas", apunta, mentres descata que a título persoal aprende moito. 
Fran García: "O 95% dos alumnos non tiña coñecementos musicais e hoxe todos tocan algo"
Clases de música da Uned Sénior en Guitiriz. KANTERODirector de varias agrupacións e mestre musical, Fran García tamén leva involucrado coa Uned Sénior practicamente dende que empezou a andar. "A asignatura de Música empezou en Momán e agora tamén a hai en Guitiriz e en Paderne", di. 
"As clases con xente maior son unha pasada, aprendo moito deles, eles apórtanme moito na vida e eu apórtolles coñecementos", di, ao tempo que fala de "clases moi levadeiras" nas que aprenden a tocar e a ler música pero que tamén serven para activar a memoria e recuperar cancións de antes. En Momán incluso recuperaron un grupo, Novas Estrelas. 
"O 95% dos alumnos non tiña coñecementos musicais e hoxe, dos 65 que hai, tocan todos algúns instrumento", di Fran, mentres enumera o bombo, o tamboril, a pandeireta, as cunchas, a gaita ou o saxofón alto e tenor. Tamén dan clases de coro tradicional. 
"Todos os días están esperando a que chegue, para eles é unha ilusión, gústalles moito", explica un mestre que trata de achegar os maiores tamén ás novas tecnoloxías. "As partituras van todas á nube e todos teñen que lelas nos teléfono, e fano", asegura. 
"O obxectivo é aprender pasándoo ben e sempre o pasamos xenial", di o mestre, que apunta que nas clases, de dúas horas, sempre teñen lectura de partituras e ensaio con instrumentos. Despois sempre fan algún concerto.    
Marcelino Mosquera: "Le das a la gente calidad de enevejecimiento, un estímulo y un punto de encuentro" 
Marcelino Mosquera.O médico Marcelino Mosquera está na Uned Sénior dende antes de que existise, cando propuxeron nun proxecto pioneiro desprazar aos mestres ao rural en vez de que os alumnos tivesen que ir á cidade, tal e como recorda cando fala dunha experiencia moi "positiva" na que o mellor "es la satisfacción de haber ayudado, y que ellos se sientan queridos y escuchados". 
"Le das calidad de envejecimiento a la gente, un estímulo, algo que hacer y un punto de encuentro, porque en las clases, además de aprender, también toman el café, hacen una merienda... Es muy beneficioso, también para nosotros, que aprendemos más de ellos que ellos de nosotros", di. 
Nas clases, nas que algúns aproveitan para preguntar polas súas enfermidades ou incluso para consultar analíticas, Mosquera trata de ser "lo menos médico posible", aínda que sabe aproveitar as inquedanzas dos alumnos para levalos ao seu terreo. 
Fixeron obradoiros de primeiros auxilios, falan de como coidarse, alimentarse, coidar a outras persoas... E Marián Sánchez, ATS, acompáñao para facer actividades de estimulación cognitiva: ximnasia, sopas de letras, papiroflexia, recortables... "Todo práctico", di o profesor, que tamén aposta por acercarlles as novas tecnoloxías, como un localizador GPS para xente con alzhéimer. «Todo lo que les facilite estar en sus casas, que es lo más beneficioso para ellos», di, e recorda que fixeron cursos de coidadores para mozos que deixaron de organizarse por falta de apoios económicos. 
 

Comentarios