sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Denuncian un veciño de Guitiriz polo estado no que ten aos seus animais

A persoa que presentou o escrito cualifica como "maltrato" as condicións nas que viven un can, un poni e varias ovellas

Estado en el que estaban los animales. EPUnha persoa compareceu no día de este venres para denunciar perante a Garda Civil de Guitiriz as condicións de "maltrato animal" nas que estima que un veciño da localidade ten os animais. 

Segundo o escrito, o denunciado ten varias ovellas sen "identificaciones visibles" e sen esquilar, un mastín "atado junto a las ovejas" ou un poni. De todos eles detalla que "están sin comer y en un estado lamentable" e que foron os propios veciños os que tiveron que alimentalos en varias ocasións. 

A persoa denunciante lembra que a este veciño xa lle "retiraron" dous cans por atacar ao dun veciño e critican que con este antecedente o Concello lle entregase o mastín, mais dende o goberno local aclaran que o que se fixo foi coidalo no tempo que o titular non puido atendelo por estar hospitalizado. 

Por outra banda, un grupo de veciños tamén está a estudar rexistrar un escrito no Concello para que se melloren as condicións nas que se atopan os cans dos canís municipais, que cualifican de "intolerables", ao estimar que a atención actual non cumpre coas condicións que marca a lei de benestar animal de Galicia, nin nos días que botan alí, nin na atención que se lles presta a nivel de alimentación ou de limpeza. 

O Concello precisa que nos canís están "uns días" dende que se recollen por se aparece o dono ou alguén quere adoptalos, evitando así o coste que supón envialos a Garatuxa, o que se fai cando non hai alternativa. E aclárase que están atendidos polos traballadores municipais. 

Denuncian un veciño de Guitiriz polo estado no que ten aos seus...
Comentarios