Denuncian que a escalada en Pena Grande produce danos no xacemento

Dende o Mupav de Vilalba aseguran que o Seprona xa foi avisado para que tome medidas que axuden a conservar o patrimonio arqueolóxico
Abrigo de Pena Grande, en Santaballa. CRISTINA PÉREZ
photo_camera Abrigo de Pena Grande, en Santaballa. CRISTINA PÉREZ

O colectivo MariñaPatrimonio e o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (Mupav) denuncian que Pena Grande, na parroquia vilalbesa de Santaballa, está sendo utilizada como zona de escalada, cos riscos que iso conleva para o xacemento arqueolóxico, no que xa se produciron danos.

Dende MariñaPatrimonio, tras ser alertados por un socio, decidiron presentar unha denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio. "O Abrigo de Pena Grande é un dos xacementos paleolíticos máis importantes de Galicia e esta actividade deportiva está repercutindo nel", di Manuel Miranda, o responsable do colectivo, que indica que poden provocarse alteracións no xacemento e nos perfís.

"Así mesmo, o magnesio utilizado nas escaladas podería estar modificando a composición química a nivel arqueolóxico", engade, ao tempo que indica que unha simple sinalización podería axudar a frear esta práctica.

Desde o Mupav aseguran que hai anos xa advertiron a unhas persoas e que hai semanas atoparon novos danos en Pena Grande. "Hicieron un desbroce del yacimiento sin permiso de nadie", di o director do museo, Eduardo Ramil, que apunta que avisaron ao Seprona para que tome medidas. "Sobran piedras para escalar, pero esto es como si trepan por un cruceiro, y es una auténtica aberración", di.

Comentarios