Unha delegación dunha universidade portuguesa visita a Granxa Gayoso

Representantes de Trás-os-Montes e Alto Douro coñeceron as instalacións de Castro, onde farán prácticas máis de 500 alumnos do Campus Terra 

undefined
photo_camera Visita á Granxa Gayoso. EP

A deputada de réxime Interior, promoción do territorio e turismo, Pilar García Porto, e o deputado de recursos sostibles, Roberto Fernández Rico, participaron este luns na visita institucional que realizaron á Granxa Gayoso Castro, no concello de Castro de Rei, unha delegación de representantes da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, de Portugal.

Os asistentes coñeceron as instalacións e o funcionamento da Granxa Experimental de Leite, un centro pioneiro en Galicia que combina formación e investigación universitarias, e no que este curso farán prácticas máis de 500 alumnos do Campus Terra grazas á colaboración entre a USC e a institución provincial.

O centro universitario luso estivo representado polo reitor, Emidio Gomes, o vicerreitor de innovación, Joao Barroso, e a pro-vicerreitora de parcerías e internacionalización, Cristina Saraiva.

Tamén estiveron presentes o reitor da USC, Antonio López Díaz, a vicerreitora de coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e adxunta á vicerreitoría para investigación, transferencia e innovación, María Elvira López Mosquera.

Comentarios