Martes. 22.05.2018 |
El tiempo
Martes. 22.05.2018
El tiempo

De Bares: sabores que namoran

VI Que Bo Estás Guitiriz!. C.PÉREZ
VI Que Bo Estás Guitiriz!. C.PÉREZ

A sexta edición do concurso Que Bo Estás Guitiriz! ofrece a posibilidade de degustar, ata este domingo 11, ao prezo único de dous euros, un total de 14 propostas. Os clientes poden entrar no sorteo de 800 euros en premios

A asociación de hostaleiros De Bares organiza o VI Que Bo Estás Guitiriz, que permite degustar un total de 14 tapas ata o domingo 11.

As tapas pódense degustar nesta última fin de semana en horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 23.00 horas, ao prezo único de dous euros.

O público pode votar polas mellores propostas e entrar no sorteo de 300 euros, se as catan todas; de 200, se saborean unha decena; de 100, se proban cinco. Ademais sortearanse catro premios máis de 50 euros cada un e todos os locais están a agasallar botellas de viño por cada 100, 500 ou 1000 tapas servidas.

Este ano, os cinco céntimos solidarios que De Bares doa por cada tapa servida serán para o Festival de Pardiñas que organiza a asociación Xermolos a primeira fin de semana de agosto.

As 14 propostas
COMBA.Boom de polo  Restaurante Comba Boom de polo
RECREO.Calamardo e Bob Esponxa  Bar Recreo Calamardo e Bob Esponxa
XOLDRA.Sesión Vermú  Pub Xoldra Sesión vermú
CENTRO.Solombo con froitos do bosque  Café Centro Solombo con froitos do bosque
SOA.Afumando a horta  Café Pub Soa Afumando a horta
NISTAL.Feira e mar  Casa Nistal Feira e mar
TITANIC.Sabores  Café Pub Titanic Sabores
GAIBOR.Dim sum de vaca e o seu consomé  Casa Gaibor Dim sum de vaca e o seu consomé
KORREO.Kanelone frutti di mare  Restaurante O Korreo Kanelone frutti di mare
NIMBOS.Pastéis de Belém  Cafetería Pastelería Nimbos Pasteis de Belém
CAPELA.Déjà vu da Capela  Bar A Capela Déjà vu da Capela
GUINEA.Taco Guinea  Casa Guinea Taco Guinea
MERENDERO.Para gustos colores  Parrillada Merendero Para gustos colores

De Bares: sabores que namoran