NECROLÓXICA

Daniel Gómez Ramil

"Guionista, escritor, actor, compositor, 'ensinante'... e tamén fillo, irmán, esposo, pai, avó e amigo"
Daniel Gómez Ramil
photo_camera Daniel Gómez Ramil.

Na tardiña deste venres, a parroquia xermadesa de Candamil, a mesma que o vía nacer hai 65 anos, despedía a un dos seus veciños ilustres, Daniel Gómez Ramil, un deses que se van porque se teñen que ir, pero nunca marchan. Os camiños da vida levaron a este mozo a cambiar as paisaxes chairegas polo olor a salitre do lugar onde cimentou a súa vida, Ribeira, onde a comezos deste mesmo mes recibía unha emotiva homenaxe por parte dos veciños, do Concello e do Grupo Municipal de Teatro por ser un dos grandes impulsores do teatro na localidade. A Mostra de Teatro Infantil perpetuará o nome dunha persoa de gran humanidade e xenerosidade, sempre disposta a colaborar e gran defensora da cultura do país. Guionista, escritor, actor, compositor, 'ensinante'... e tamén fillo, irmán, esposo, pai, avó e amigo.

A querenza polas táboas foi unha constante na súa vida, igual que a docencia. Xa sendo mestre en Abadín fora cos seus alumnos á TVG para representar a obra 'A vaca terrorista'. Todo un fito naquela época. Un día máis na 'oficina' para un loitador incansable que se foi antes de tempo pero que soubo aproveitar ben cada instante. Que a terra che sexa leve, Daniel.

HOMENAXE Á CHAIRA E MANUEL MARÍA
No seguinte clip (publicado en novembro do ano pasado) poden ver a charla homenaxe que lle dedicou Gómez Ramil á Chaira e a Manuel María
 

Comentarios