O cupón da Once homenaxea a Feira do Capón de Vilalba 

Cinco millóns e medio de cupóns xa están á venda
Cupón da Once dedicado á Feira do Capón. EP
photo_camera Cupón da Once dedicado á Feira do Capón. EP

A Feira do Capón de Vilalba ilustra o cupón da Once do vindeiro sábado 21 de decembro, véspera da celebración da feira que terá lugar o día 22. Cinco millóns e medio de cupóns xa están á venda levando por toda España a celebración da exaltación dun dos produtos  máis típicos e coñecidos da gastronomia da Terra Chá.

A Once apoia así unha cita anual que ten "unha tradición antiquísima". As referencias á Feira do Capón na capital chairega remóntanse case a dous séculos, pois atopáronse anotacións nos libros do Concello no ano 1835. As referencias histórico-literarias á carne do capón, pola súa banda, son moito máis antigas, e aparecen na Historia Animalium de Aristóteles, no Libro del Buen Amor do Arcipreste de Hita, no Quixote de Cervantes ou no Buscón de Quevedo. O capón chegou a ser moeda para pago de favores e aínda hoxe existen zonas onde se pagan rendas con capóns.

A Asociación de Criadores de Capón de Vilalba explica que este ano 2019 ten censados máis de 50 produtores que crian arredor de 1.600 exemplares, ainda que só sairán á subasta unha parte deles.

A carpa da Feira abrirase ao público o  domingo día 22 ás 10:30 horas na Praza da Constitución e, por vez primeira, na mesma tamén haberá degustacións gratis, vanse cociñar diferentes pratos á vista dos asistentes e tamén será posible adquirir outros produtos da Terra Chá como o queixo e o mel de San Simón, o famoso Rosco de Vilalba ou a xenebra rosa fabricada en Vilalba.

O cupón da Once ofrece as fins de semana un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un único cupón do número e serie premiados na primeira extracción. Ademáis, premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, aos catro cupóns dos números  serie premiados nalguna das extraccións da segunda á quinta. Outros 54 premios de 20.000 euros ás cinco cifras do número premiado na primeira extracción. E premios de 400, 200, 30, 4 e 2 euros. 

Os produtos da Once son comercializados polos 20.000 axentes vendedores da Once. Grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademáis, pódense adquirir tamén a través da web oficial de xogos da Once e establecementos colaboradores autorizados.

Comentarios