jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Críticas de gandeiros ao traslado de animais positivos ao matadoiro

Vacas. EP
Vacas. EP
"O castrón andará entre os 20 ou 30 euros, e a eles terei que arrimarlle outros 70 para transportalo", explicou un dos afectados

Un gandeiro de Ribeira de Piquín denuncia que ten que asumir "en solitario" o custo do traslado dun animal ao matadoiro de Becerreá para ser sacrificado despois de que "reaccionase mal á vacina e dese positivo en tuberculina trala visita dos de saneamento", explica.

"Non me deron a posibilidade de facer unha segunda proba, e teño dúbidas de que sexa positivo porque o resto dos animais están ben", analiza o gandeiro de Pena de Cabras, engadindo que encima "dinme que teño que asumir os 100 e pico euros do custo do traslado".

Ante esta situación que considera inxusta, pediu que "como hai outros animais afectados no concello –en Barangón ou Sadrarín– puidésemos levalos todos xuntos nun mesmo transporte, pero non nos deixan", indica molesto, ao entender que así poderían repartirse os gastos.

"No matadoiro pagan a un euro o quilo. O castrón andará entre os 20 ou 30 euros, e a eles terei que arrimarlle outros 70 para transportalo. Non me parece xusto", conclúe, esperanzado en que ao final lles dean outra alternativa.

Críticas de gandeiros ao traslado de animais positivos ao matadoiro
Comentarios