martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

O cribado de Vilalba trasládase ao venres e xa non se admiten máis participantes

Una sanitaria realiza una prueba PCR durante un cribado. BRAIS LORENZO
Unha sanitaria realiza unha proba PCR durante un cribado. BRAIS LORENZO

A proba estaba prevista inicialmente para o xoves ► O Concello anuncia que xa non recollen máis solicitudes polo "colapso" dos servizos sanitarios

O Concello de Vilalba informou este mércores de que xa non recolle máis solicitudes para participar no cribado voluntario a efectuar no pavillón municipal, debido a situación de "colapso" dos servizos sanitarios da Xunta polo aumento de casos en toda a provincia. Ademais, o Sergas cambia a data das probas, previstas para este voves, que se realizarán finalmente o venres de 16.00 a 21.00 horas.

O cribado diríxese a traballadores do sector servizos (comercio, supermercados, hostalaría, farmacias, gasolineiras, perruquerías...) ao entender que son os colectivos máis expostos por ter contacto directo co público. En total, O Sergas fará o venres 550 PCR por exudado nasofarinxeo. "É o cupo dispoñible por parte do Sergas, xa que a estas probas hai que unir as que realiza en Vilalba como calquera outro día a positivos e contactos directos", explica o consistorio nun comunicado.

O Concello ten ademáis o compromiso de Sanidade de que fará novos cribados nas próximas semanas se é necesario. Ao respecto, o Sergas lembra que desde que Vilalba rexistra un alto índice de casos este é o cuarto cribado poboacional que se realiza e que estiveron dirixidos a persoas de distintos colectivos.  Ademáis, "en toda a área sanitaria estanse a facer diariamente centos de PCR a grupos en persoas donde se detectan casos, a persoas con síntomas e a contactos estreitos de casos coñecidos, a maiores dos cribados semanais en residencias".
 
Dende o goberno municipal agradécese a elevada participación, “pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas vamos a conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación”.
 
O número de casos diagnosticados nos últimos 14 días son 121 en Vilalba, cun incremento importante nos últimos días. Actualmente, segundo datos do Servizo de Saúde, son 137 os casos activos.
 

As autoridades locais fan un chamamento ao cumprimento das normas e á responsabilidade individual para frear a curva de contaxios.

Nas últimas semanas a capacidade diagnóstica do laboratorio do hospital lucense incrementouse de forma moi importante e estanse a analizar unhas 1.500 probas diarias no laboratorio do Hula.

O cribado de Vilalba trasládase ao venres e xa non se admiten máis...
Comentarios