miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

Coto da Auruxeira: maxia, amor e lendas nas terras de Maeloc

Coto da Auruxeira. M. MANCEBO
Coto da Auruxeira. M. MANCEBO
As augas do río Miñotelo regan o pulmón verde de Bretoña, onde a pedra dos namorados foi testemuña de ducias de promesas e no que se lembra ao primeiro bispo de Britonia

 

O Coto da Auruxeira non é un espazo máis. Non é un lugar calquera. Nel os sons recoñecibles da natureza acadan unha dimensión superior. A misticidade envolve un espazo no que a maxia abrolla en cada recuncho. Nas pedras, nas follas, nas augas do río Miñotelo que acompañan os pasos dos que deciden adentrarse neste recanto das terras de Maeloc.

Pedra dos Namorados, no coto da Auruxeira. M. MANCEBO

Alí, durante moitos anos, celebrouse a Festa do Lugnasad —na honra ao deus Lug—, un evento singular que conseguiu traer de volta ao presente as tradicións máis ancestrais dos celtas, entre elas os matrimonios.

Pedra dos Namorados, no coto da Auruxeira. M. MANCEBO

Ducias de parellas selaron o seu amor introducindo as mans na pedra dos namorados —un dos elementos que se poden visitar—, e ante a atenta mirado dun druída. Así comprometíanse durante un ano, tempo de vixencia destes matrimonios.

Pero ademais do reclamo que supón esta cita, este espazo chairego conta con máis atractivos engadidos. Forma parte dun roteiro que recorda ao primeiro bispo de Britonia e no que se poden contemplar ata tres muíños e unha misteriosa fonte do tesouro. Sobre ela versan innumerables lendas que veñen a corroborar a natureza máxica deste recuncho a descubrir.

Coto da Auruxeira. M. MANCEBO (6)

O lugar
É o principal pulmón verde de Bretoña, un espazo natural ao que se chega pola LU-122 collendo un desvío a man esquerda á altura do punto quilométrico 13,500.
Roteiro
É ademais o punto de partida —ou de chegada, según se faga— da Ruta de Maeloc, un roteiro de 14,3 quilómetros adicado ao primeiro bispo coñecido de Britonia.
Lugnasad
En 1996 celebrábase por primeira vez a Festa do Lugnasad, unha cita con moitas edicións pero que levaba tempo sen organizarse. Antes da pandemia falouse de recuperala.

Coto da Auruxeira: maxia, amor e lendas nas terras de Maeloc
Comentarios