martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Convocan un peche indefinido para esixir que se manteña o Ceip de Baamonde

Manifestación de veciños, familiares e alumnos do Ceip de Baamonde. DP
Manifestación de veciños, familiares e alumnos do Ceip de Baamonde. DP
Comezará este mércores  na segunda planta do edificio administrativo da Xunta en Lugo

A xunta de persoal docente non universitario da provincia iniciará este mércores, ás 10.00 horas na segunda planta do edificio administrativo da Xunta en Lugo, un peche indefinido contra a decisión de clausurar o Ceip de Baamonde.

"A existencia dun centro educativo próximo, no contorno rural, a maiores de ser un servizo público esencial é un elemento dinamizador deste ámbito, xa que contribúe a manter e fixar poboación e facilitar a vida dos habitantes da zona", defenden dende esta institución.

Ademais, apuntan que a desaparición deste tipo de servizos "non fai senón acelerar o desmantelamento poboacional e o declive das zonas rurais", polo que esixen que a xestión deste servizo público esencial "non se leve a cabo con criterios unicamente economicistas".

Convocan un peche indefinido para esixir que se manteña o Ceip de...
Comentarios