O concurso social de pesca de Río Ladra citou a unha vintena de troiteiros

O gañador da proba foi Luis Fraga Comba, de Insua (Vilalba); segundo quedou o begontés Julio Iglesias, de Begonte, quen ademais capturou a troita máis grande, de 1.420 gramos; e terceiro clasificouse José Antonio Vilela Varela, tamén Begonte
Entrega de trofeos. EP
photo_camera Entrega de trofeos. EP

A sociedade de pescadores Río Ladra organizou o seu concurso social en dúas xornadas nos coutos de Pígara e de Begonte. Neste último disputouse a última proba, na que o vilalbés Luis Fraga Comba, da parroquia de Insua, se fixo coa vitoria.  Julio Iglesias, de Begonte, quedou segundo e o tamén begontés José Antonio Vilela Varela clasificouse en terceiro lugar nesca cita que congregou a máis dunha vintena de participantes.

As capturas totais acadaron os 6.650 gramos, cunha troita de 1.420 gramos, pescada por Julio Iglesias. A proba clausurouse coa entrega de trofeos, pero non puido celebrarse a tradicional xuntanza de confraternidade, que dende a entidade esperan poder organizar cando as condicións sanitarias o permitan. Igualmente, cando sexa posible, promoverán unha homenaxe a Agustín Lamas Silvarrey, presidente da sociedade Río Ladra durante máis de 20 anos e finado hai uns meses.

A entidade promotora contou coa colaboración dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Guitiriz, os bares Cruz, Ponte Miraz e Casa Alejandro, o supermercado La Tomea, deportes Quintela e A Chaira, recambios Infra, repostos Sesacar e as empresas Erimsa e Finsa na organización deste concurso social.

Comentarios