O Concello suspende os actos previstos para as festas de San Ramón

O concerto de Sés adíase e farase no auditorio municipal 
Procesión en las fiestas patronales de San Ramón y Santa María en su edición del 2019. ARCHIVO
photo_camera Procesión en las fiestas patronales de San Ramón y Santa María en su edición del 2019. ARCHIVO

O mesmo día que o Concello anunciou o gañador do certame de poesía, tamén fixo pública a cancelación de todos os eventos e celebracións culturais, deportivas e de lecer previstos, incluídos os das festas de San Ramón e Santa María da capital chairega.

"Estaban programados concertos como apoio ao sector cultural, incluídos grupos locais e propostas adaptadas de orquestra en formatos de aforo limitado, con cadeiras separadas e todas as medidas de seguridade. Estudaremos outras datas e formatos para seguir apoiando ao sector", indicaron dende o Concello, que anunciou que o concerto de Sés que estaba programado adiarase e farase no auditorio municipal.

"Ademais, cómpre sinalar que incrementaremos a vixilancia no casco urbano e na zona da área recreativa da Madalena para impedir agrupamentos que non cumpran a normativa, sancionando se é preciso", apuntaron, ao tempo que tamén explicaron que se suspenden todas as actividades e ensaios nas instalacións municipais e que para reunións "deberanse solicitar por rexistro e estarán limitadas a dez persoas".

"O obxectivo é garantir a seguridade da veciñanza e previr calquera risco que se poida orixinar en espazos compartidos por un número elevado de persoas, sendo coñecedores dos brotes en concellos da comarca e limítrofes", explican dende o Concello.

Comentarios