
Invita aos veciños a darlle a benvida a concursante pontesa, cuarta clasificada en 'OT'
O Concello das Pontes quere darlle a benvida a Sabela por todo o alto. Para iso, organizou unha recepción oficial á cuarta clasificada de Operación Triunfo o vindeiro domingo 23 de decembro ás 20.00 na casa consistorial.
"Estades todos convidados a darlle a benvida e celebrar con ela o seu gran éxito artístico", escribiu o Concello nos seus perfís en redes sociais, animando a todos os veciños a recibir á cantante pontesa.
RECEPCIÓN oficial a Sabela Ramil, 4ª clasificada en Operación Triunfo 2018 🎙.
📅 domingo, 23 de dec 🕘20:00h 📍Concello As Pontes
Estades todos convidados a darlle a benvida e celebrar con ela o seu gran éxito artístico 🙌🙌.
...#orgullopontés #AsPontes pic.twitter.com/l6SwNaT44w— AsPontes (@AsPontes) 20 de decembro de 2018