O Concello da Pastoriza arranxa os accesos a casas e granxas de Úbeda

A empresa José Sanjurjo Construcciones SL será a encargada de mellorar os viais, deteriorados polo tránsito da maquinaria pesada

Elva Carreira e José Sanjurjo asinan o contrato. EP
photo_camera Elva Carreira e José Sanjurjo asinan o contrato. EP

O Concello da Pastoriza vén de asinar coa empresa José Sanjurjo Construcciónes SL o contrato para o arranxo de "practicamente todas as vías que dan acceso a núcleos de vivendas e explotacións da parroquia de Úbeda", tal e como explicou a tenente de alcalde, Elva Carreira, quen precisou que estes viais se atopan moi deteriorados polo tránsito habitual de maquinaria pesada.

A actuación, que se iniciará neste mesmo mes e ten que estar rematada a finais de setembro, supón acondicionar con rego asfáltico un total de 3,7 quilómetros, con intervencións previstas nos accesos a Úbeda, de Couto a Rúa, a Toucido e ao Carballal.

A obra, á que concorreron oito empresas, conta cun un orzamento de 84.261,9 euros.

Comentarios