Unha aprendizaxe sen fronteiras

"Unha compañeira foi o ano pasado a Ottawa, así que xa sabemos algo"

As alumnas do IES Pedregal de Irimia de Meira, Antía González e Patricia Fernández, viaxarán a Toronto, en Canadá, no vindeiro mes de agosto

 

Antía González e Patricia Fernández. S.IGLESIA
photo_camera Antía González e Patricia Fernández. S.IGLESIA

A un mes de que saia o avión de Oporto, pode apreciarse un chisco de ansia nas caras de Antía González e de Patricia Fernández, dúas mozas que participarán no programa Axudasle da Xunta de Galicia. Durante tres semanas de agosto, Antía e Patricia deixarán Pol e Ribeira de Piquín para adentrarse no día a día de Toronto. 

Ámbalas dúas, que veñen de cursar 1º de bacharelato no IES Pedregal de Irimia de Meira, xa coñecen algo da experiencia "porque unha compañeira do instituto foi o ano pasado a Ottawa".

Ámbalas dúas aproveitarán a súa estadía para dar a coñecer Meira a través de libros e recordos aportados pola oficina de turismo 

Entre as actividades que levarán a cabo na súa estadía, saben que acudirán a unha academia de inglés polas mañás e polas tardes visitarán lugares de interese. Unha oportunidade que aproveitarán "para coñecer xente nova e vivir novas aventuras", ademais de levar Meira fóra das nosas fronteiras a través de libros e recordos que foron aportados pola oficina de turismo meirega.
 

Comentarios