Unha cabaciña de 6,800 quilogramos foi a sorpresa en forma de hortaliza que atoparon Maruja Paz e Orlando Carballeira na súa horta do Campo da Feira en Momán.
O segredo para que a cabaciña acadara tales dimensións foron os coidados. "Un bo abono e regar moito, como fago sempre", explica Maruja, que agarda que esta non sexa a única vez que a súa horta dea produtos tan espléndidos e poder así «seguir presumindo cos veciños e coa xente que a vén ver", engadía orgullosa.