Colas para a reapertura de Hermo na noite de homenaxe ao fundador da discoteca

Citáronse máis de 2.000 persoas
Xente esperando para entrar na discoteca Hermo de Muimenta. SILVIA IGLESIA.
photo_camera Xente esperando para entrar na discoteca Hermo de Muimenta. SILVIA IGLESIA.

A reapertura de Hermo, o día do falecemento do seu fundador, citou este venres a máis de 2.000 persoas. Muimenta engalanouse para lucir coma antes e renderlle a debida homenaxe a Antonio Morán. Así, rexistráronse longas ringleiras —que non se vían dende hai tempo— para facerse coa entrada. Ata unha hora e media de cola na que daba tempo a rememorar a última vez que se bailara na tarima e a barallar se estarían Obdulia e os seus bocatas. 

►A crónica completa, na edición impresa deste domingo de El Progreso

Comentarios