O recuncho de Kenia Valle

Club fluvial de Begonte: centro de ocio á beira do Ladra

Leva máis de medio século sendo un referente para a veciñanza, e non só durante os meses de verán
Fluvial de Begonte. C.PÉREZ
photo_camera Fluvial de Begonte. C.PÉREZ
Localización
Dende a N-6, indo cara a Lugo, hai que coller á dereita á altura do Ponte Miraz, cruzar a vía e desviarse á dereita outra vez.
Servizos

Hai bar, vestiarios, pistas deportivas e medio cento de mesas de pedra.
Acceso
De xuño a setembro, a entrada xeral por día custa 1,5 euros. Os socios e os empadroados en Begonte teñen acceso libre.

Kenia Valle, no club fluvial. C.PÉREZ
Kenia Valle, no club fluvial. C.PÉREZ

En 1969, un grupo de begonteses acordaron, nunha época na que se fundaron varios centros de iniciativas turísticas, acondicionar na zona un centro de ocio para a veciñanza á beira do río Ladra. Nacía así o club fluvial de Begonte, que a día de hoxe ten arredor de 150 familias socias.

Unha delas é a de Kenia Valle Prado, integrante da directiva da entidade, o que a leva a "botar unha man" naquilo que fai falta, e unha namorada do espazo, sobre todo naquelas épocas do ano nas que se respira tranquilidade.

Río Ladra, no club fluvial de Begonte. C.PÉREZ
Río Ladra, no club fluvial de Begonte. C.PÉREZ

"No verán hai moita algarabía, vén moitísima xente, continuamente, e durante a pandemia, como non se podía viaxar, foi un recurso, pero eu doulle tanto valor ao club fluvial no outono ou na primavera, cando hai menos xente e está tranquilo", indica esta begontesa.

Club fluvial de Begonte. C.PÉREZ
Club fluvial de Begonte. C.PÉREZ

Kenia confesa a súa predilección por "vir ata aquí cun libro, sentar nunha mesa e ler, escoitar o son da auga e dos paxariños ou pasear", unha querenza que contrasta coas súas primeiras lembranzas e impresións do espazo, un tanto "caóticas": "Recordo vir á Festa da Empanada de pequena, con centos e centos de persoas aquí, para min daquela era todo enorme e con tanta xente... non te podías separar da familia".

Esa perspectiva foi mudando co paso do tempo e o club fluvial de Begonte converteuse no seu particular recanto de relaxación.

Mesas do club fluvial de Begonte. C.PÉREZ
Mesas do club fluvial de Begonte. C.PÉREZ

Comentarios