Con choiva e todo, ninguén quixo faltar á romería de San Alberte e Festa da Fala

Sambreixo acolleu unha nova edición desta tradicional festividade, que congregou a decenas de asistentes, artesáns e músicos locais
IMG_2078
photo_camera Actuación de Xermolos durante a celebración de San Alberte. C.F.R.

A primavera non se deixou ver moito na última edición da romaría de San Alberte e Festa da Fala, celebrada na parroquia guitiricense de Sambreixo, a beiras do río Parga, este domingo.

A pesar diso, a festividade contou cunha gran afluencia de asistentes— a maioría deles repetidores— que aseguraron que, "así chova ou neve, nós vimos sempre por San Alberte".

A celebración, organizada pola asociación cultural Xermolos coa colaboración do Concello de Guitiriz e comunidade de montes de Sambreixo e o grupo Porto, arrincou cunha andaina que percorreu a Ruta da Auga ata a capela de San Alberte.

Tamén contaron coa tradicional romaría pola mañá, con Xermolos amenizou a Festa da Fala con diversas actuacións. E, xa dende primeira hora, os arredores foron ocupados por diversos postos de artesanía, roscas e tortas.

"Sorprendémonos moito coa xente"

"Pensabamos que non ía a ver nada polo día que facía, pero sorprendémonos moito", dixo o artesán vilalbés Marcos Ladra, que acode cada ano a esta cita.

A mediodía amenizaron a sesión vermú os grupos de música e baile de Xermolos e Airiños de Orbazai, que puxeron ritmo a un evento onde pequenos e maiores desfrutaron ao longo de toda a xornada. Tampouco faltaron as merendas, para as que algúns trouxeron os seus propios toldos.

Pola tarde celebráronse os Maios, coa elaboración deste tradicional elemento con xestas e flores, e as actuacións da asociación Madia Leva, e o alumnado da Escola de Música de Xermolos e Airiños de Orbazai.

Comentarios