O certame da biblioteca de Xermade premia doce nenos e nenas

O concurso foi convocado polas Letras Galegas e houbo recoñecementos para os traballos de debuxo e de narración
Biblioteca municipal de Xermade. AEP
photo_camera Biblioteca municipal de Xermade. AEP

O Certame das Letras Galegas que convoca cada ano a biblioteca pública municipal de Xermade vén de premiar a unha ducia de pequenos nas categorías de debuxo e de narración, cuxas obras versaban sobre o tema 'O que pasa ao meu arredor'.

Deste xeito, na modalidade de debuxo os gañadores foron, ata os oito anos, Gael Otero Gómez, Xela Prieto Lomba e Mara Piñeiro Campo; de nove a once anos, Adrián Canto Folgueira e Alba Monteiro López; e no apartado de doce a 16 anos, Vania Michelle Pinto Portal e Isabel Freire Monteiro.

Pola súa parte, entre os traballos de narración presentados os vencedores foron, na categoría de ata oito anos, Martina Fernández Salgado e Lois Martínez Bermúdez; e na de doce a 16 anos -o apartado de nove a once quedou deserto- gañaron Jenifer Pinto Portal, Aroa Blanco Prieto e Sara Paz Prieto.

Todos aqueles pequenos que foron recoñecidos na fase local pasan a participar na fase provincial do certamen. Ademais, os galardóns serán entregados nun acto cuxa data se dará a coñecer proximamente pola biblioteca xermadesa.