O centro de día de Ribeira de Piquín comeza a funcionar o 1 de abril

Máis de 60 veciños do municipio participaron ata o momento nas xornadas de portas abertas para coñecer as instalacións e os servizos do centro de día

Darío Campos nas instalacións do centro de día de Ribeira de Piquín. EP
photo_camera Darío Campos nas instalacións do centro de día de Ribeira de Piquín. EP

O centro de día de Ribeira de Piquín abrirá as súas portas o vindeiro 1 de abril. Así o confirmou o presidente da Deputación, Darío Campos, no encontro que mantiveron este xoves con maiores deste Concello.

No concello da comarca de Meira celebrouse unha xornada de portas abertas ao centro de día, xa que durante estes días os veciños teñen a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e os servizos que ofrece esta dotación social.

Este será o primeiro centro de día que existe en Ribeira de Piquín. Sitúase na antiga escola do Chao do Pousadoiro, inmoble que estaba en desuso e que o Alcalde decidiu recuperar e darlle un uso público e social en beneficio dos seus veciños.

Deputación e Concello investiron 300.000 euros nas obras de transformación e na adquisición do equipamento necesario. Na elaboración do regulamento, estableceu que os veciños de Ribeira de Piquín teñan prioridade de acceso. Na ordenanza fiscal, fixouse que o prezo se determine en base á capacidade económica de cada maior, o seu grao de dependencia e os específicos servizos que requira. En función destes baremos, estableceuse un prezo máximo de 400 euros, que sería o que lle custaría a un veciño cunha pensión media, catalogado como gran dependente (é o grao máximo) e que necesita todos os servizos sociais dispoñibles, transporte, almorzo, xantar e merenda.

Comentarios