RECUNCHOS A DESCUBRIR

As caveiras vixiantes dun paraíso en calma

A visita á igrexa de San Xoán dos Vaos, en Ribeira de Piquín, ten algo de enigmático 
Os Vaos, Ribeira de Piquín. C.ARIAS
photo_camera Os Vaos, Ribeira de Piquín. C.ARIAS

Unhundefineda excursión a Ribeira de Piquín sempre é recomendable para desconectar —remanso de paz e natureza que envolve—, pero a visita á igrexa de San Xoán dos Vaos ten algo de enigmático, hai unha especie de imán nesas caveiras vixiantes que observan dende a parede nun paraíso en calma. 

Dende lonxe a imaxe impón, a igrexa érguese solitaria nunha especie de illa que debuxa o Rodil mentres a rodea. O correr das súas augas é o único que se escoita ao baixar do coche a carón da pista empinada que conduce ao templo. Despista unha construción que fai de pasadizo case máxico. E tras uns pasos de escuridade volve a luz que ilumina unha antiga igrexa de portas e fiestras azuis rodeada dun muro de pedra renovado hai pouco tempo. 

Varios pasos de escaleiras e un arco conducen á parte de atrás da igrexa. Camiñando paralelos á nave chégase ao pórtico e os ollos xa non poden deixar de mirar ao mesmo punto. Nunha parede, enriba dunha fiestra con vistas ao cemiterio, hai cinco caveiras humanas perfectamente colocadas nunha especie de triángulo. Encaixadas no muro sobreviven ao paso do tempo e os vivos non teñen memoria suficiente para recordar a verdadeira historia deses mortos. 

Os Vaos, Ribeira de Piquín (14)

O lugar
A uns 20 minutos de Meira: coller a LU-P-5404 e no Chao do Pousadoiro dirección á Fonsagrada ata Os Cangos e xirar alí cara aos Vaos. Unha estrada serpenteante serve de balcón para ver a primeira imaxe. 
Algo de historia
A igrexa de Saundefinedn Xoán dos Vaos pertenceu á Orde de Malta. Consérvase un reloxo de sol de Juan Antonio Fernández Lombardero que data do ano 1742 e recorda ao prior. O famoso reloxeiro e inventor era natural de Vilarpescozo, o último núcleo de poboación que atopa o visitante antes de chegar aos Vaos. 
Curiosidades
Existe un túnel romano que cruza por debaixo do acceso á igrexa, dende a presa dos Vaos. 
A imaxe
Baixo as caveiras hai unha fiestra con vistas ao cemiterio. 

Os Vaos, Ribeira de Piquín (12)

Comentarios