lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Catorce gandeiros fixéronse con 26 xovencas na poxa de Acruga en Castro

Un momento da poxa de Acruga celebrada onte na Granxa Gayoso Castro. C.PÉREZ
Un momento da poxa de Acruga celebrada onte na Granxa Gayoso Castro. C.PÉREZ
O prezo medio de venda das reses de rubia galega, todas do centro de recría da Granxa Gayoso, foi de 2.213 euros

Logo do éxito da poxa celebrada en Adai a mediados de novembro, a que acolleron este mércores as instalacións do centro de recría de rubia galega da Granxa Gayoso non foi menos, coa venda de 26 dos 27 animais procedentes do propio centro, a un prezo medio de 2.213 euros. Os compradores foron un total de 14 gandeiros dos 37 que se rexistraron na poxa, chegados dende distintos puntos da provincia de Lugo e tamén de varios municipios da Coruña.

A cita promovida por Acruga coa colaboración da Deputación de Lugo susténtase sobre tres piares básicos: recuperar a normalidade, potenciar a raza rubia galega e pór a disposición dos gandeiros exemplares cunhas condicións xenéticas e morfolóxicas ideais, tal e como precisou o deputado provincial de recursos sostibles, Roberto Fernández Rico, presente na poxa xunto ao presidente de Acruga, César Dorado, e á directora da granxa, Sonia Verdes.

Pola súa banda, Dorado agradeceu o apoio da Deputación, destacando o importante papel que xoga o centro de recría de rubia galega de Castro, no que hai unhas 150 cabezas, na potenciación da raza, ao ofrecerlles aos gandeiros boas xovencas para recría, especialmente nun momento complicado coma o actual, no que están a subir os custos de produción.

As actividades de Acruga na Granxa Gayoso Castro continúan este venres ás 12.00 horas cunha charla informativa para os gandeiros do sector cárnico.

Catorce gandeiros fixéronse con 26 xovencas na poxa de Acruga en...
Comentarios