Carla da Silva: "Todos os deportes poderían ser inclusivos se hai vontade"

A pontesa, coordinadora de deportes no servizo de ocio da Asociación pro Persoas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) na Coruña acaba de dar unha charla na Facultade de Ciencias do Deporte
Carla da Silva. EP
photo_camera Carla da Silva. EP

A pontesa Carla da Silva, coordinadora de deportes no Servizo de Ocio da Asociación pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) na Coruña, deu unha charla no IX Foro de Deporte para Todos que organizou Agaxede na Facultade de Ciencias do Deporte na Coruña. 

A inclusión é real no deporte? 

Non, temos unha lexislación internacional e estatal que di que o deporte é un dereito de todas as persoas, que ten que haber igualdade de oportunidades e participación plena e iso a día de hoxe non se cumpre.

Que hai que facer? 

É cuestión de traballo en rede. Que esté na axenda política é clave, debe haber accións como coa perspectiva de xénero, e é fundamental o apoio das administracións, pero tamén hai que facer traballo desde os clubs. As persoas con discapacidade intelectual viven nun mundo de rexeitamento acostumados a que lles digan non e temos que traballar para que se vexan ben recibidos. 

Cal é o papel das charlas como a de onte e da formación? 

É fundamental. Din unha charla en Inef e a gran parte do alumnado só coñecía o deporte adaptado, pero non o inclusivo onde todos somos iguais.

Hai deportes máis inclusivos? 

Poño de exemplo sempre o rugby porque a nivel España estase traballando moitísimo, e dende a federación. Son poucas, 15 ou 20, que integran a modalidade inclusiva. A visión do deporte social é garantía de éxito para a inclusión. Todos os deportes poderían ser inclusivos se hai vontade.

Hai un proxecto para o Fendetestas das Pontes. 

É un club pequeno e estamso dando os primeiros pasos para facer un equipo inclusivo. 

Ten un Instagram (dsc_inclusivesport). Como nace? 

Estou facendo a tese doutoral sobre deporte inclusivo e encontro pouca evidencia científica pero de moita calidade. Abrín a páxina para divulgar e como ‘escaparate’ para contar experiencias.

Comentarios