lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

A Carballeira de Mosteiro: O pulmón verde de Pol que recorda ao emigrante

Carballeira de Mosteiro, coa caseta do polbo ao fondo. MARTA MANCEBO
Carballeira de Mosteiro, coa caseta do polbo ao fondo. MARTA MANCEBO
É o epicentro de case todo o importante e un refuxio natural en pleno corazón da capitalidade municipal
WhatsApp Image 2021-08-05 at 15.41.28 (1)O lugar
En pleno corazón da capitalidade municipal de Mosteiro está este paraíso natural, epicentro dos principais eventos e das feiras mensuais.
Con nome propio
José Ramón Ónega, que faleceu por covid en febreiro de 2021, encheu coas súas verbas máis de dúas décadas de pregóns na Festa ao Emigrante.
Curiosidade
Unha empresa local, Mármoles Expósito, elabora e agasalla cada ano a placa conmemorativa desta cita nacida en 1984. Coincidindo coas vodas de prata inaugurouse ademais un monumento.

Carballos xigantes que dan sombra e paz son os habitantes naturais do pulmón verde da capitalidade municipal de Pol, un fermoso e agradable recuncho que recorda con agarimo aos que fixeron as maletas e marcharon na procura dun futuro mellor.

WhatsApp Image 2021-08-05 at 15.41.29Epicentro de case todo o importante, a carballeira de Mosteiro recibe coas ramas dos seus carballos abertas a todos. Abraza aos que están e nunca se foron —ofrecéndolles un refuxio no que compartir e desfrutar—, aos que retornan porque se viron na obriga de marchar —abríndolle a mente a recordos do pasado—, e aos que chegan de novo —presentándose como un espazo aberto e cheo de posibilidades—.

E é que este enclave, ademais de acoller durante máis de tres décadas a Festa ao Emigrante cada 24 de agosto, tamén albergou outras multitudinarias citas como o San Isidro, por exemplo. WhatsApp Image 2021-08-05 at 15.41.28

Dispón de bancos e unha caseta que foi inaugurada en 2011, e que é onde tradicionalmente se come o polbo os días de feira, pero tamén o lugar no que se imparten obradoiros e outras actividades lúdicas e culturais.

A estes servizos súmase un parque infantil, que atrae á zona ás familias, que poden desfrutar de fermosas xornadas nunha contorna que invita ás lembranzas.

A Carballeira de Mosteiro: O pulmón verde de Pol que recorda ao...
Comentarios