Carabullo bate o récord de puntos nun aberto de billarda cun pleno de vitorias

Javi Morán e Irea impoñíanse na competición absoluta e na feminina e o equipo dominaba a proba cunha vantaxe de 22 puntos sobre o segundo
Carabullo, en Mondoñedo. EP
photo_camera Carabullo, en Mondoñedo. EP

 O campo Veiga da Viña de Mondoñedo acolleu a disputa da décima xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB), na que Carabullo, de Ponte de Outeiro, bateu o récord histórico de puntos nunha xornada, con vitoria en todas as categorías e copando os tres primeiros postos do podio.

Así, na categoría absoluta, Javi Morán impúxose cun pleno de puntos e Charli foi segundo, asentándose no primeiro posto da xeral. Albino completou o podio chairego e de Carabullo.

Na clasificación feminina destacou Irea, que gañou comodamente a xornada, o que lle permite escalar postos na xeral ás portas do podio, pese a non asistir a varios abertos.

Por equipos, Carabullo sacoulle 22 puntos aos segundos, Troitas Bravas da Pontenova, e 23 aos terceiros, Billardeiros Musicais de Ribadeo, consolidando ademais o primeiro posto na xeral. Chaínzos-Cadaval (Pastoriza-Castro de Rei) é cuarto, a un punto dos terceiros.

A xornada número 11 da Conferencia Norleste disputarase en Mosteiro (Pol) o próximo día 20.

Comentarios