miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

RECUNCHOS A DESCUBRIR

Capela museo de Bascuas: unha chave sen porta que custodia tesouros

Capela de Bascuas. C.PÉREZ
Capela de Bascuas. C.PÉREZ
Este vello santuario de gran devoción que conxuga paisaxe, historia e tradición localízase na parroquia guitiricense de San Salvador
O lugar
Ao pouco de desviarse dende a LU-170, en San Salvador, pola pista que vai á N-634, en Pígara, logo de cruzar o río Requeixo, hai unha vía á esquerda que leva ao santuario.
Celebracións
Hai escritos de comezos do s.XX que falan de peregrinacións e de que por San Marcos se bendicían terreos e animais, celebrando a primavera e pedindo boas colleitas e sorte co gando. Hoxe, ademais dos eventos particulares, os días grandes son o 25 de marzo e o 15 de agosto.
Restauración
Das moitas reformas, a última fíxoa a escola de canteiros de Xermolos.  

Capela museo de Bascuas. C.PÉREZ

A orixe do santuario de Bascuas, na parroquia guitiricense de San Salvador, pérdese no tempo. Crese que se ergueu sobre un castro e que por alí pasaron os romanos —atopáronse un muíño e unha lápida, colocada como lintel nunha das portas da sancristía—. Os señores de Guitiriz e Baamonde deixaron a súa pegada cun retablo e xeraba os sufientes recursos como para manter un capelán, que vivía nunha habitación con lareira na propia ermida, no piso superior, baixo a que había unha corte para gardar o cabalo.

Chave de Bascuas. C.PÉREZ

Da man de Xermolos e do cura de San Salvador, Alfonso Blanco, ese vello santuario de gran devoción que conxuga paisaxe, historia e tradición converteuse nunha capela museo que custodia vestimentas relixiosas, pinturas murais, cultos funerarios, exvotos, cruces, imaxinería e chaves. Sobre todo unha, a Chave de Bascuas, da que se di que había copias en Abadín, Mondoñedo ou Asturias. Non abría portas. Era o método para marcar animais e persoas que podía ser que tivesen a rabia

E se singular é o interior da capela, non o é menos o exterior. No campo da festa hai unha vella cruz que antes puido ser un menhir e que vixía unha fonte de augas adivinatorias. Só se precisa unha miga de pan: se non afunde, todo vai ir ben, se o fai...

Fonte da capela de Bascuas. C.PÉREZ

Capela museo de Bascuas: unha chave sen porta que custodia tesouros