jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

UNHA APRENDIZAXE SEN FRONTEIRAS

"En canto souben que o instituto ofertaba Erasmus, nin o pensei"

Pedro Redondo. EP
Pedro Redondo. EP

O vivairense e estudante do IES Lois Peña Novo, Pedro Redondo, traballou durante tres meses nunha empresa de Cardiff

De Viveiro a Cardiff e sen dubidalo. Pedro Redondo, estudante do ciclo superior de Administración de Sistemas en Rede do IES Lois Peña Novo de Vilalba non lle deixou espazo a temores e en canto soubo que "o instituto ofertaba Erasmus, nin o pensei", comenta este mozo que vén de pasar case tres meses na cidade galesa de Cardiff. Para dar o paso non precisou de grandes empuxóns, xa que foi todo "por iniciativa" del mesmo. Aínda que o pulo de familiares e amigos serviu para que a decisión se fixera definitiva.

O que máis destaca Pedro da experiencia é o bo ambiente que se respiraba na oficina na que traballou

Durante a súa estadía grazas a Erasmus+ formou parte da empresa Circle IT, concretamente, do equipo de servizo técnico para escolas privadas de índole internacional. Foron os seus compañeiros de traballo, "a súa forma de desenvolverse fronte as dificultades e o bo ambiente que se respiraba naquela oficina", o que máis destaca dunha experiencia que considera "case única". Fóra do horario laboral, o seu paso por Cardiff recoñece que foi "bastante independente", puntualiza Pedro.

Os poucos temores que tivo foron reducidos ao "típico": os nervios polas escalas, os trens "e Heathrow", eclipsados polas crecentes "ganas de chegar" a Cardiff. Agora tócalle decidir entre comezar a traballar ou entrar no grao de Ciencia e Enxeñería de Datos, que se impartirá na Coruña.

"En canto souben que o instituto ofertaba Erasmus, nin o pensei"
Comentarios