martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Cabodano de Suso 'O Villalbés'

Jesús Paz Prado, Suso 'O Villalbés'. EP
Jesús Paz Prado, Suso 'O Villalbés'. EP
A igrexa de Santa María de Meira acolle este sábado, ás 18.00 horas, a misa polo primeiro aniversario do pasamento de Jesús Paz Prado, responsable da funeraria Paz e da floristería Jesma, finado o 23 de xullo de 2019 aos 57 anos de idade

Este sábado 18, ás seis da tarde, a igrexa parroquial de Santa María de Meira acolle o cabodano do pasamento de Jesús Paz Prado, Suso O Villalbés, finado o 23 de xullo de 2019 aos 57 anos de idade. Familia, veciños e amigos xuntaranse nesta nova normalidade para lembrar e render homenaxe ao empresario, fundador da funeraria Paz e da floristería Jesma, ao pai, ao avó, ao irmán... e a ese veciño e amigo co que sempre se podía contar, gustoso de colaborar nas iniciativas que se desenvolvían na vila e na parroquia.

Todas aquelas persoas que tiveron a sorte de que Suso formase parte da súa vida notaron a súa falta ao longo deste último ano, a desa palabra amable, a dese gran de area que lle gustaba sumar e que perdura en iniciativas que quizais xa non estean, coma a Meiramostra, pero que permanecen, igual có seu recordo, e noutras que se manteñen vizosas, coma a Confraría Nosa Señora do Pedregal, en cuxos primeiros pasos o Villalbés colaborou activamente. Un home bo e xeneroso que hai un ano que se foi, pero que todos seguen a ter moi presente na súa memoria e no seu corazón.

Cabodano de Suso 'O Villalbés'
Comentarios