Domingo. 22.07.2018 |
El tiempo
Domingo. 22.07.2018
El tiempo

Cabaleiro propón crear unha marca do belén electrónico de Begonte

O director de Galicia Calidade foi o pregoeiro da inauguración do Nadal da localidade

"O belén de Begonte tiña no seu inicio tres características que hoxe aínda mantén e que daquela foron unha revolución", asegurou o xornalista e director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro Durán, no seu pregón, que serviu para inaugurar a cuadraxésimo sexta edición do Nadal en Begonte, no que o nacemento electrónico volve a ser o epicentro das celebracións desta época na Terra Chá.

Cabaleiro realizou «profundamente emocionado e agradecido» a súa intervención na tradicional misa que abre os actos desta celebración declarada Festa de Interese Turístico Galego e que contou tamén coa actuación e posterior recital de panxoliñas do Orfeón Lucense.

"A primeira característica do belén de Begonte é que era electrónico, ofrecendo movemento nas figuras e efectos sonoros e de luz. A segunda, que é un belén popular, que reflicte unha aldea da Terra Chá de mediados do século XX. A terceira, que segue fiel ao espírito fundacional de José Domínguez Guizán", destacou o pregoeiro deste ano sobre un nacemento «galego, humilde e piadoso". "É o belén de Xudea sen deixar de ser galego, lucense e begontino", engadiu.

Alfonso Cabaleiro tamén falou desde o punto de vista de director de Galicia Calidade e recordou que "camiñamos cara os 50 anos" deste nacemento, os cales "coincidirán cun Ano Santo". "É algo que pode servir para crear unha marca, un feito sobranceiro que identifique o público", propuxo, ao tempo que pediu "novas accións para prolongar no tempo esa marca e que non se cinga só a unha data" e tamén "relevos xeracionais" que axuden a traballar no belén e promocionalo. 
 

Cabaleiro propón crear unha marca do belén electrónico de Begonte