Begonte desenvolve un firme apoio ao deporte, a educación e a cultura

O alcalde, José Ulla, destaca o incremento de actividades, as escolas deportivas, as melloras no colexio e a creación das pistas de multideporte e pádel
begonte padel
photo_camera Novas instalaciones en Begonte. EP

Nos últimos anos o Concello de Begonte fixo unha aposta decidida polo deporte e os hábitos de vida saudables. "Cada ano melloramos e ampliamos unha ampla oferta de actividades, dirixidas tanto a nenos como adultos. Dita oferta vaise modulando según a demanda dos nosos veciños", explicou o alcalde, José Ulla.

"Hoxe podemos dicir que contamos cunhas escolas municipais de fútbol sala, que son referencia na comarca en colaboración coa Asociación As Canicas, onde contamos con equipos competindo en todas as categorías, e mais de 100 nenos e nenas participantes", engadiu o rexedor.

begonte campo fútbol

Destaca tamén o Club Violeta de ximnasia rítmica con sede en Begonte , tanto polo elevado número de compoñentes como por levar o nome de Begonte por Galicia adiante e o resto de territorio Nacional. Hai que subliñar tamén os seus éxitos e recoñecementos a nivel nacional.

Ademais, a oferta deportiva en Begonte completase con pádel, patinaxe, etc. Neste eido, cabe destacar o forte investimento en infraestruturas deportivas, onde sobresaen pista de pádel cuberta, unha pista multideporte no Ceip Virxe do Corpiño e a próxima apertura dunha instalación que xerou grande expectación ,como é o Ximnasio Municipal. Este último proxecto supuxo un investimento de 180.000 euros para dotalo de máquinas e vestiarios. A pista de padel e a súa cuberta ascenderon a 50.000 e a pista multideporte a preto dos 90.000 euros.

begonte gimnasio

O deporte non só é unha actividade física, senón que é fundamental como complemento educativo e fomenta valores tan importantes como o compañeirismo, respecto, tolerancia, superación, traballo en equipo, etc. Todo esto non sería posible sen a colaboración da xunta de Galicia, que sufragou, xunto co Concello a maior parte dos custos de ditas instalacións.

No eido da educación é destacable a aposta firme por un plan de impulso educativo. "Hoxe contamos cun colexio totalmente renovado, eficiente e confortable onde se investiron mais de 500.000 euros na mellora da envolvente e eficiencia enerxética, acadando un centro moderno funcional e integrado na contorna", engadiu o mandatario, quen afirmou tamén que o Concello colaborou tanto na dotación de medios dixitais –pizarras– como de mobiliario mais moderno.

begonte niños

"Este ano tamén puxemos en marcha unha liña de axudas para pechar a fenda dixital, co cal os nenos escolarizados en Begonte poderán mercar medios informáticos e dixitais para desenvolver a súa actividade lectiva. Porque estudar en Begonte ten e vai a seguir tendo no futuro vantaxes e importantes axudas para material , transporte, etc", destacou o alcalde.

Subliñar neste campo a posta en marcha da escola municipal de música, que en vindeiras datas se converterá nun centro de ensinanza musical regrada, onde os nenos poderán desenvolver os seus estudos no campo da música.

begonte baños

Unha escola que conta con mais de 200 alumnos e que agora ten a súa sede nas instalación do antigo colexio de Baamonde. Ditas instalacións foron adaptadas para poder impartir música, e investíronse preto de 400.000, en colaboración coa Xunta de Galicia.