miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Begonte amence con dous pequenos incendios en Saavedra e Santalla

Os bombeiros traballan no lume de Saavedra.EP
Os bombeiros traballan no lume de Saavedra.EP

Un foco de lume mantense estabilizado á beira da estrada LU-541, que une Vilalba con Rábade, á altura da parroquia begontesa de Saavedra. O lume comezou ás 12.17 deste luns e na súa extinción traballan un axente, catro brigadas e tres motobombas.

Ademais, xa está extinguido un pequeno incendio ocorrido en Santalla de Pena, tamén do concello de Begonte. As lapas comezaron ás 9.38 e deuse por apagado ás 12.19. En total arderon 0,65 hectáreas de arboredo e alí traballaron dous axentes, dúas brigadas e tres motobombas.

Begonte amence con dous pequenos incendios en Saavedra e Santalla