viernes. 06.08.2021 |
El tiempo
viernes. 06.08.2021
El tiempo

Beatriz Díaz: "Non había ningunha librería e imos probar a ver como sae"

imgData
Beatriz Díaz diante da súa librería en Muimenta. EP
Beatriz Díaz acaba de botar a andar a Librería Díaz en Muimenta, a única do lugar, e que estará aberta de luns a domingo.

En tempos difíciles tamén se pode apostar e emprender. E en Muimenta acaba de abrir a Librería Díaz, un negocio que nace co obxectivo de ofrecer un servizo que non había no lugar. 

Por que unha librería?

Ocorréuseme porque non había ningunha e imos probar a ver como sae. Nunca me dediquei a nada similar pero gústame estar cara ao público e apeteceume facelo deste xeito. 

Cando comezou o proxecto? Foi difícil botalo a andar?

Comezamos a traballar e a planificar todo fai uns meses. A verdade é que non me resultou difícil, tiven a sorte de tratar con boa xente que me explicou todo moi ben e se preocuparon moito de que o entendese ben e o puidese facer da mellor maneira posible. 

Que van poder atopar os clientes que visiten a librería? 

Pois ademais de libros de lectura ou libros de texto, hai prensa, temos un servizo de impresión de fotografías e os domingos e os festivos tamén teremos pan e empanadas. 

Como xurdiu a idea de apostar tamén polo pan? 

Polo mesmo motivo que a librería, porque non había ese servizo, no caso do pan só os domingos e festivos. Teremos pan e baixo encarga empanadas, napolitanas... Os provedores serán a panadería Martiñán e a panadería Rozas. 

Os domingos e festivos teremos pan e empanadas da panadería Martiñán e da panadería Rozas

Como está sendo a resposta da xente? 

Pois a verdade é que moi ben, xa houbo xente que nos fixo pedidos antes de abrir, tanto de libros de lectura como de texto. Ademais, varias persoas preguntáronnos pola máquina de impresión de fotos. Así que estamos moi contentos pola acollida que está tendo e tamén por iso quixemos premiar aos primeiros 100 clientes cun detalle. 

En que horario estará aberta ao público? 

De luns a venres estaremos de 9.15 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.00, os sábados de 9.15 a 13.30 horas e os domingos e os festivos, de 10.00 a 13.00.

Beatriz Díaz: "Non había ningunha librería e imos probar a ver como...
Comentarios