miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

A Banda Orquestra do Conservatorio das Pontes despide o curso cun concerto

Banda Orquestra do Conservatorio das Pontes. EP
Banda Orquestra do Conservatorio das Pontes. EP
No recital, que será este xoves ás 19.00 horas no Alovi, tamén actuará o alumnado de seis anos e o de grao elemental

O auditorio municipal Cine Alovi acollerá na tarde deste xoves, a partir das 19.00 horas, o concerto de fin de curso da Banda Orquestra do Conservatorio de Música Profesional das Pontes.

Ademais dos músicos, tamén se subirán ao escenario o alumnado de seis anos e todos os estudantes de grao elemental, que intervirán durante o concerto facendo os coros.

Dende o conservatorio salientan que esta é "unha boa oportunidade" para ver "o bo facer" desta institución, que leva formando músicos dende 1990.

CALENDARIO. A Banda Orquestra do Conservatorio pontés ten outra cita nos vindeiros días. O luns, 16, actuará ás 20.00 horas na igrexa parroquial de Santa María de Meira

A Banda Orquestra do Conservatorio das Pontes despide o curso cun...