Martes. 20.11.2018 |
El tiempo
Martes. 20.11.2018
El tiempo

A Banda de Gaitas Mato Vizoso de Vilalba participa nun récord mundial de baile de muiñeira

Bailadores congregados este sábado en Vitoria. CENTRO GALLEGO VITORIA-GASTEIZ
Bailadores congregados este sábado en Vitoria. CENTRO GALLEGO VITORIA-GASTEIZ

Convocados polo Centro Gallego de Vitoria-Gasteiz, a proba consistía en sumar máis de 600 bailadores

A Banda de Gaitas Mato Vizoso de Vilalba participou este sábado nun récord mundial de baile de muiñeira conseguido en Vitoria. Convocados polo Centro Gallego de Vitoria-Gasteiz, os músicos chairegos sumáronse ás máis de 600 personas que bailaron xuntas na localidade vasca.

A cita celebrouse a última hora da tarde deste sábado, con motivo das Festas de Santiago organizadas polo Centro Gallego, e contou coa presenza dun notario para determinar o cumprimento do récord mundial de maior número de bailadores de muiñeira.

Unha vez superada a proba, os participantes recuperaron forzas cunha degustación de mexillóns e queimada.

A Banda de Gaitas Mato Vizoso de Vilalba participa nun récord...
Comentarios