axenda

Axenda do 2 ao 8 de abril

Son de Corda. EP
photo_camera Son de Corda. EP

As Pontes 

Amigus promove un curso de microbit
Sábado. 10.00 horas Ciencia Kids imparte esta actividade.

Saída a ver liques ao Eume con Graciela Paz 
Sábado. 10.00 horas Actividade do programa Terra de Cogomelos. Inscrición: 604.04.73.37. 

O auto de Castromil, no auditorio Alovi 
Sábado. 20.00 horas Obra de Excéntricas e o Centro Dramático Galego. 

Cine: Radical e Un rey supermono 
Sábado e domingo. As sesións de adultos serán ás 19.30 e o sábado tamén ás 22.00. A película infantil proxectarase os dous días ás 17.00 horas. 

Cospeito 

Muimenta celebra a XL Moexmu
Venres, sábado e domingo. No recinto feiral Manuel Vila haberá mostra de artesanía, produtos gastronómicos ou maquinaria, concursos e exposición de gando e outras propostas. 

Acto en lambrenza de Darío Xohán Cabana
Domingo. 18.30 horas A asociación veciñal A Pena de Santa María de Cospeito, coa colaboración do Concello, organiza unha xornada de música e poesía en lembranza ao escritor de Roás, que incluirá un concerto de Son de Corda. 

Vilalba

Carlos Callón presenta libro na casa da cultura
Xoves. 20.00 horas O Iescha organiza o acto arredor de O libro negro da lingua galega

Estrea de Tratamos demasiado bien a las mujeres
Venres. 19.30 horas O auditorio municipal acolle a presentación da película gravada en San Simón da Costa. Antes haberá un photocall e participarán a directora e varios dos actores e actrices do filme.

XXVIII Festa do Queixo San Simón da Costa
Sábado e domingo. Consultar. Na Praza da Constitución, haberá talleres, venda e animación.

Avelaíña Teatro pon en escena A liorta
(Sábado. 20.00 horas)  ADIADA PARA O SÁBADO 13, ÁS 19.30 HORAS   Será no auditorio municipal. As persoas que tivesen feito a reserva da entrada terán que volver facela.

O Iescha organiza unha ruta ao Carballiño
Domingo. IX Ruta Cultural, co historiador Felipe-Senén López. 

Guitiriz

Envellecer de forma activa, en Parga
Venres. 11.30 horas Xornada na Escola das Nenas. Programa Xunt@s da Deputación de Lugo.

Carreira popular Guitiriz Termal
Domingo. 10.00 horas Celebración de tradicional proba, con varias categorías e unha andaina.

A Pastoriza

Taller Muller e saúde,  na casa da música
Luns. 16.30 horas Impartido pola matroa Cristina Ouro. Inscricións: 629.53.47.93 ou 982.33.21.97.