viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Avelino González: "Faime moita ilusión ir a Pol, porque me namorei desa zona"

Avelino González. EP
Avelino González. EP
O centro sociocultural de Mosteiro acollerá este sábado 24, ás 17.00 horas, o espectáculo de narración oral ‘Contar de contrabando’, a cargo de Avelino González, organizado pola asociación cultural Leña Verde e patrocinado polo fondo Xacobeo 21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
 

Que é Contar de contrabando?

A min sempre me gustaron os contos e contar as hitorias que só se contan nos bares ou nas casas, que non teñen maior trascendencia, que non se publican, pero que son coñecidas por todo o mundo. Son contos que teñen que ver coa tradición, e Pol é unha zona preñada de historias interesantes. 

Pol dá para contar contos?

É rigososamente certo que Pol foi o centro do mundo e eu neste espectáculo fago o que me gusta facer, rabuñar nas historias pequenas que se contan nos sitios, porque atopas cousas marabillosas, e nesa zona hai vilas ou un cuartel romano, castros... Faime moita ilusión ir a Pol, porque me namorei desa zona, o xerme de todo isto é o Castro de Viladonga, que ten unha lenda do máis bonito, dunha moza convertida en troita.

Que outros proxectos ten?

Estou tamén cun espectáculo de teatro, O mel non caduca, por toda Galicia. O 30 iremos a Foz e despois a Cantabria.

A cultura é segura?

Si, claramente. Hai unha mención expresa do Principado de Asturias sobre que non se suspendía ningunha actuación porque non había gromos asociados a ningún acto. Agora temos que traballar e vivir así, con isto, sendo sempre prudentes. A actuación de Pol é cun programa que se fai coas asociacións e tómanse todas as medidas para que non haxa contaxios. Agora temos que socializar desta maneira, e probar que con todo é posible pasalo ben e divertirse.

A risa axuda a levar mellor esta situación?

Sempre, e non só a risa, a tenrura tamén fai moita falta.

Avelino González: "Faime moita ilusión ir a Pol, porque me namorei...
Comentarios