Autoservicios Familia abre un novo supermercado en Vilalba

O establecemento abre tras un investimento dun millón de euros
Un momento do acto de inauguración. M. ROCA
photo_camera Un momento do acto de inauguración. M. ROCA

Autoservicios Familia, da distribuidora Vegalsa-Eroski, abre este xoves ao público o seu novo supermercado en Vilalba, trasladado dende a Rúa Plácido Peña á Rúa Cidade de Lugo, para ofrecer, tras investir un millón de euros, unhas instalacións de máis de 730 metros cadrados, con "más de 7.300 referencias de alimentación y no food, con gran protagonismo de los productos frescos de proximidad", e un aparcamento propio con 51 prazas.

O horario será de 9:00 a 21:30 horas en inverno e de 9:30 a 22:00 no verán. Creáronse 13 novos postos de traballo, ata completar un plantel de 22 persoas, nas que se inclúen os nove traballadores que estaban no anterior establecemento.

A inauguración oficial foi este mércores, coa presenza da alcaldesa, Elba Veleiro, varios concelleiros, membros de asociacións locais e representantes da empresa.

Comentarios