A auga, o líquido elemento, é de vital importancia e na Chaira conta cunha gran presenza, incluso cargada de simboloxía na cultura galega. O nacemento do pai Miño é só a orixe nunha terra na que os ríos, os regatos e as fontes, aos que Rosalía de Castro cantaba con morriña, percorren cada recuncho, levando sustento aos pastos, creando paraxes inolvidables e dando de beber a milleiros de chairegos.
Esa auga que deu e dá vida á comarca tamén é sinal de identidade a nivel gastronómico. Non deixa de ser habitual que en moitas vivendas da zona se consuma esta directamente dun pozo propio e hai infinidade de mananciais que abrollan deixando saír auga pura e fresca.
Da calidade do líquido elemento chairego deu boa fe hai xa 30 anos a familia Carracedo de Cospeito, que viron no lugar de Fontoira, unha vaguada situada na parroquia cospeitesa de Vilapene, un manancial que podía cumprir todos os requisitos para iniciar un proxecto emprendedor. Tras analizar que daquel nacemento saía auga coas condicións idóneas, foi declarado fonte mineral natural pola Xunta en 1992.
Fontoira envasa 46 millóns de litros cada ano
Un ano despois xa estaba en marcha unha planta de embotellado, baixo o nome de Aguas de Fontoira, a cal, ata o día de hoxe, coñecida como Aguas de Cospeito e que forma parte de Coca-Cola Europacific Partners (CCEP), non deixou de medrar para converterse nunha firma referente na Terra Chá. O volume de produción ao longo de 2022 foi de preto de 46,5 millóns de litros de auga envasados en case 58.445.772 botellas coa marca Aquabona.
A xerente da planta de Fontoira de CCEP, María Oliva Regueira, explica que este é un dos catro mananciais cos que conta a empresa en España e que a pranta cospeitesa traballan, actualmente, 20 persoas, cifra que en determinadas épocas do ano aumenta. "La producción se triplica en los meses de verano con respecto al invierno. Como ejemplo, durante este mes de junio la plantilla será de 25 personas, al ser necesario añadir un turno de trabajo", explica.
As cifras de produción refrendan a capacidade dinamizadora que ten esta empresa na actividade económica da comarca, ademais de dar emprego a persoas de esta zona do interior da provincia lucense. "Todas ellas residen en un radio no superior a los 30 quilómetros y el 67% de la plantilla está integrado por mujeres", sinala a xerente.
A auga que abrolla do manancial de Fontoira caracterízase por ser branda, de mineralización débil, polo que os órganos asimílana sen esforzo e facilita a eliminación de residuos metabólicos. Segundo explican dende CCEP, é unha auga "muy equilibrada con poco contenido en sodio", indicada para lactantes e dietas baixas en sodio.
O envasado prodúcese directamente do manancial, polo que é auga con pureza orixinal, non se pode tratar, o que require dun proceso estricto e con moito control de calidade para que a zona non se contamine -existe un perímetro de protección de 195 hectáreas- e se garantice así a continuidade do acuífero.
O Lar Os Píos de Vilalba ofrece aos seus comensais a auga dun manancial que hai no propio restaurante
Así, a planta Aguas de Cospeito conta con todos os certificados ISO de calidade, medioambiente, seguridade alimentaria e seguridad laboral. A elas únese unha nova certificación cuxo proceso se pon en marcha este mes, a norma PAS 2060, que garantiza ter alcanzado a neutralidade en carbono. "Conllevará el compromiso de acometer una serie de inversiones para reducir la huella de carbono en los próximos años, hasta el objetivo de cero emisiones en 2040", di Regueira.
Outras iniciativas
Ofrecer ao cliente un produto "100% natural" foi o que moveu a Julio Cazón e ao seu fillo Óscar, do restaurante Lar Os Píos de Vilalba, a servir aos seus comensais a súa propia auga, que nace dun manancial que apareceu no inmoble que adquiriron e restauraron para trasladar o negocio á Rúa Porta de Cima en 2005.
Tendo esa fonte propia, pensaron en facer as análises correspondentes para poder servila, e "dieron perfectos para el consumo", así que hai cinco anos que empregan a súa propia auga coa colaboración dunha empresa que se encarga de facer o control de calidade.
"Tenemos una instalación y el agua pasa por un filtro para garantizar la salubridad por cualquier cambio que pueda haber en el suelo. Después, junto a la barra, tenemos una máquina de embotellado, donde pasa por un segundo filtro y puedes meterla en botellas a temperatura del manantial o fría", explica Óscar Cazón.
Engade que esta iniciativa ofrece moitas vantaxes. "Al extraerla diariamente, evitamos conservantes y aditivos y eliminamos la huella de carbono. No contribuimos a la contaminación porque reutilizamos las botellas todos los días", apunta.
Na fonte da Madalena da capital chairega, ás veces hai cola para encher botellas para levar ás casas
Neses envases recóllese o lema de manantial propio, algo que non é moi habitual nos locais de hostalaría. O mozo vilalbés explica que hai bastantes restaurantes que empregan este sistema para ofrecer unha auga propia, pero que soe ser da traída. "No es muy común que un restaurante cuente en sus instalaciones con un nacimiento de agua", asegura.
Ademais, a resposta da clientela non puido ser mellor. "La mayoría lo ve como algo súper positivo y lo agradece, y algunas personas dicen que sí que notan la diferencia de esa agua y la embotellada. Un pequeño porcentaje, de un 0,5% en cinco años, pide de una marca en concreto o envasada", comenta Óscar Cazón.
Tradicións
Os mananciais son patrimonio natural pero tamén cultural e etnográfico, xa que en torno a eles e ás fontes xurden tradicións, historias e un arraigo popular que se vai mantendo ao longo dos anos.
As fontes son puntos de encontro, alivio en paradas do camiño e elementos patrimoniais que hai que coidar.
Son moitas as que teñen a sona de contar cunha boa calidade das súas augas, e non son poucos os veciños os que acoden a elas para servirse e levar botellas e garrafas para as súas casas. Un bo exemplo é a fonte da Madalena, na praia fluvial de Vilalba, onde incluso se chegan a formar colas nalgúns momentos. Outros puntos coñecidos na capital chairega son a Fonte da Picha, no barrio que curiosamente se chama As Fontiñas, ou a Fonte das Donas, en Porta de Cima.
A importancia destes elementos queda reflectida tamén nas iniciativas que levan a cabo concellos ou entidades para que non se perdan e na comarca hai varios exemplos. A fonte de San Bieito de Palermo, en Baldomar (Begonte), data de 1881 e foi recuperada recentemente —quen a frecuenta salienta o boa que está a súa auga— e está en marcha a restauración da Fonte da Troita de Couto de A, en Castro de Rei, moi ligada ao asentamento castrexo de Viladonga.
En Guitiriz fíxose un inventario de fontes do municipio e en Feira do Monte creouse o Roteiro das Fontes, que inclúe a da Virxe, a da Lagoa, a de San Paio, a da Ramalleira e a de Felín.
Tres recoñecementos
No ano 1902, unha Real Orde declaraba de utilidade pública as augas sulfurosas-fluorado-sódica frías do manancial de San Xoán, en torno ao que anos despois se construíu un complexo termal que foi referencia e que pasou por varias etapas ata a súa nova reapertura. A esta fonte -con propiedades para tratar hepatites, catarros, cólicos biliares, bronquites, reumatismo ou enfermidades do fígado e do estómago- únense a de Pardiñas, que foi declarada de utilidade pública en 1951, e a de Valdobín, construída un ano antes. A Ruta da Auga une as tres nun percorrido de 20 quilómetros.
Máis exemplos
Hai outros acuíferos na Chaira coñecidos polas propiedades beneficiosas para a saúde, como poden ser a Charca do Alligal en Vilalba, para os problemas reumáticos e da pel; a Fonte das Boliqueiras do Aparral, nas Pontes, con augas ferruxinosas que axudan a curar a tuberculose e a anemia; ou a Fonte dos Panos de Damil, en Begonte, da que din que é boa para curar enfermidades da pel.