miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

Atopan o corpo dunha persoa flotando na lagoa de Fonmiñá, en A Pastoriza

Lagoa de Fonmiñá. AEP
Lagoa de Fonmiñá. AEP
As forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso

O corpo sen vida dunha persoa apareceu aboiando este martes na lagoa de Fonmiñá, no concello lucense de A Pastoriza. Un particular alertou ao 112 Galicia do achado do cadáver.

O 112 Galicia recibiu a chamada do alertante ás 11.00 horas e, a partir de aí, púxose en marcha o operativo de rescate, no que interviñeron ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil. Así mesmo, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos membros do GES da Pontenova. 

Unha vez rescatado o corpo, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso.

Atopan o corpo dunha persoa flotando na lagoa de Fonmiñá, en A...