sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A asociación Hume presenta o número 12 da súa revista o venres 21

Traballos exhumación en 2006 en As Pontes. EP
Traballos exhumación en 2006 en As Pontes. EP
Inclúe os traballos gañadores do certame deste ano. Un versa sobre a Guerra Civil e outro sobre as migracións a Cuba 

A asociación de estudos históricos e sociais Hume organiza as súas xornadas, coas que colaboran o Concello das Pontes e a Deputación da Coruña, nas que se presentará un novo número da súa revista e se entregará o IV Premio de Investigación Hume.

O boletín número 12 recolle nove artigos que abordan temas coma a mina, as academias das Pontes ou a banda de Ribadeume, ademais de publicar as obras gañadoras da terceira edición. A revista presentarase este venres 21, ás 20.00 horas na Casa Dopeso.

O venres 28, no mesmo escenario e horario, Rafael García e Conchi López recibirán o primeiro premio do certame investigación de Hume polo traballo A violencia no Golpe e na retagarda galega. O concello das Pontes, 1936-1939.

Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama, que abordaron as migracións pontesas a Cuba, recollerán o segundo premio e Miriam Fernández fará o propio cun accésit concedido pola súa investigación sobre o vaso campaniforme.

A asociación Hume presenta o número 12 da súa revista o venres 21
Comentarios