Recunchos a descubrir

Área Recreativa da Veiga: Un paraíso natural bañado polo Eume

Neste enclave, ideal para pasar unha tarde en familia ou xogar ao aire libre, celébranse as festas patronais, comidas de cabaleiros ou do tecor ou mesmo a Romaxe Artesá da Chaira
Área recreativa da Veiga, en Muras. MARTA MANCEBO
photo_camera Área recreativa da Veiga, en Muras. MARTA MANCEBO
O lugar
Situada a carón do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, A Veiga está enclavada nunha contorna natural con vexetación autóctona.
Servizos
Nas inmediacións da área recreativa, que acolleu nos últimos anos a celebración de diferentes eventos, sitúanse unha renovada piscina municipal ou o campo de fútbol.
Curiosidade
Á entrada hai un busto de Bibiana Adriana López de Pablos Quevedo, muller do fundador de Ferroplast, que legou a titularidade da empresa aos seus sobriños coa condición de que permanecese en Muras.

A VEIGA MURAS (24)

O sol da mañá reflíctese na auga dun calmo río Eume ao seu paso pola área recreativa da Veiga, en Muras, un paraíso natural cheo de vexetación no que a vida brota sen descanso. 

As badaladas do campanario da igrexa de San Pedro escóitanse de fondo un día calquera, mentres o ruxir da auga se mestura co canto dos paxaros ocultos nas pólas das árbores que dan sombra a este lugar frecuentado por moitos veciños, pero tamén por algúns visitantes.

Por exemplo, os quA VEIGA MURAS (22)e se achegaron a gozar nalgunha ocasión dos eventos que se celebraron neste enclave nos últimos anos, como as festas patronais, as comidas de cabaleiros ou do tecor ou mesmo a Romaxe Artesá da Chaira, unha das citas clave que logrou encher de vida e xente este fermoso e tranquilo lugar.

Un recuncho ideal para celebrar unha comida campestre, pasar unha tarde en familia, xogar ao aire libre ou adentrase nas frías augas do río Eume. Iso para os máis valentes. Para os menos, tamén hai a opción de darse un chapuzón na piscina municipal.

Unha ampla oferta qA VEIGA MURAS (70)ue se completa cun campo de fútbol e unha senda peonil que fan da área recreativa da Veiga un lugar que ben merece a pena ser coñecido e vivido.

Comentarios