Recunchos a descubrir

Área recreativa da Riboira: Un espazo de lecer debuxado polo Miño

A área recreativa da Riboira está situada na parroquia pastoricense de Baltar. O lugar acolle dende o 2005 o Festival da Chaira organizado pola asociación cultural A Chaínza.
undefined
photo_camera Presa pola que se pode acceder á zona de mesas da área recreativa. M. ROCA

PLAYA FLUVIAL BALTAR (27)O lugar
Circulando pola LU-120 en dirección a Meira, á altura do quilómetro 26, hai un cruce á esquerda que indica cara á Pastoriza e tamén á praia fluvial de Baltar. Por esa vía, a uns tres quilómetros hai outra pista á esquerda que leva á area recreativa.
Patrimonio 
A ruta de sendeirismo PR-G 153 une esta área con Fonmiñá, pasando por lugares como o Castro de Saa.
Encontros 
A asociación cultural A Chaínza escolleu no ano 2005 este lugar para organizar o Festival da Chaira, que en 2020 celebrou a súa décimo quinta edición de forma virtual. 

Se alguén quere gozar dunha paraxe natural tipicamente galega, ten na área recreativa da Riboira, na parroquia pastoricense de Baltar, unha boa oportunidade.

PLAYA FLUVIAL BALTAR (31)Os ríos son un elemento primordial das paisaxes da nosa comunidade, e o pai Miño, ao longo dos seus 340 quilómetros, debuxa lugares de ensoño que invitan a recollerse e a deixarse levar polos sentidos. Neste enclave chairego, a pouca distancia do seu nacemento, non é menos, e serpentea creando unha acolledora praia fluvial perfectamente acondicionada para pasar unha xornada de recreo en familia ou cos amigos. 

Unha presa ben acondicionada permite o paso cara a outra marxe do río, onde unha inmensa carballeira ofrece sombra e espazo a quen a visita. E tamén varias mesas e bancos de pedra para quen queira gozar dun xantar campestre na máis absoluta tranquilidade, xa que os únicos sons que se escoitan son o correr da auga, o zoar do vento ou o cantar dos paxaros. 

PLAYA FLUVIAL BALTAR (15)Non é de estrañar que o lugar fora o elixido para acoller o Festival da Chaira durante varias edicións, unindo así a esta paisaxe galega outros elementos moi nosos: a música, a tradición, os xogos populares ou as ganas de festexar poñendo en valor o propio.

Comentarios