Aprazado o concerto de Tanxugueiras en Vilalba previsto para este venres 13

As entradas adquiridas poderanse cambiar polas da nova actuación cando se fixe a data. Se se prefire, poderase obter a devolución do diñeiro, solicitándoo pola mesma canle pola que se realizou a compra. 
Tanxugueiras. PLAYPLAN
photo_camera Tanxugueiras. PLAYPLAN

O concerto que o grupo Tanxugueiras ía ofrecer este venres 13 no auditorio municipal de Vilalba cancélase como medida preventiva para evitar a posible exposición ao coronavirus. Para a actuación, enmarcada na xira de presentación do disco Contrapunto, fixararse unha nova data.

As persoas que xa tivesen a entrada comprada poden reclamar a devolución do diñeiro, a través da mesma canle de compra, como por exemplo na plataforma www.ataquilla.com, ou canxeala pola da nova actuación.

 MONTERROSO. O  grupo formado por Olaia Maniero, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, que agradecen ao público a súa confianza e comprensión, tampouco acudirá á cita que tiña prevista en Monterroso o día 14, ao cancelarse a V Feira do Disco e do Libro Galego, onde ía ofrece un showcase e unha sinatura de discos.

Peche de recintos e outros actos
O Concello de Vilalba acordou o peche de todos os recintos de titularidade municipal, así coma dos parques públicos como medida preventiva. Así mesmo, ademais do concerto de Tanxugueiras, suspendéronse todas as celebracións previstas para esta fin de semana: Festa dos Pepes, Festa da Xuventude entre Aldeas, Festival de Manos Unidas, San Xosé de Lanzós, concerto de Irmandades do Falo na cervexaría Stama. Tamén se acordou aprazar a Feira do Queixo San Simón, prevista para o 4 e 5 de abril. 

Comentarios