Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Ao altar, estilo enxebre

Chegada á igrexa de Santa María de Meira do noivo e da madriña. TEÓFILO LÓPEZ
Chegada á igrexa de Santa María de Meira do noivo e da madriña. TEÓFILO LÓPEZ

Unha viaxe en tractor para dar o "si quero" deixa unha imaxe nunca vista en Meira 

A súa paixón pola maquinaria como "hobby" e unha broma dos amigos aceptada deixou esta fin de semana  en Meira unha imaxe para o recordo, cando un noivo decidiu trasladarse á impresionante igrexa de Santa María en tractor para dar o "si quero".

"Os amigos tiveron a idea e non lle deron moita opción", recordaba entre risas onte un dos seus irmáns. O outro —son trillizos— púxose detrás do volante para que Sergio Torneiro, acompañado da súa nai, a madriña, viaxase cara ao altar rodeado dos seus amigos, apretados no remolque verde do tractor, un vehículo vermello completamente engalanado para a ocasión.

A estampa, nunca vista antes na localidade, chamou a atención de veciños e de viandantes, incluso tamén dalgúns invitados que non sabían do medio de transporte escollido para o gran día. "Enxebrismo puro",  comentaron algúns, que aseguraron que a a chegada da noiva, Ana Cortón, foi "nun coche normal".

Ao altar, estilo enxebre
Comentarios